UN MEDIADOR NA XASTRERÍA

 …

-É vostede quen vai poñer o pantalón e debe elixir a pana que lle guste, que iso non é cousa do xastre.

– Abelardo falouche ben, Nicanor.

-Si, pero eu non entendo de pana e o tendeiro pódeme meter gato por lebre. Se a merca o xastre non é igual

-Nicanor nisto non che fala mal, Abelardo.

-Claro, pero corro o risco de que despois non lle guste a color nin a raia. 

-Aquí falouche ben Abelardo, Nicanor.

-¡Nin que eu fose un señorito podre! ¿Que máis ten unha cor que outra, raia fina ou raia gorda?

-Moi ben falado, Nicanor.

-Pois nese caso…, tería que pagarme por adiantado, que eu non podo anticipar os cartos.

-Nisto fálache ben Abelardo, ¿eh?

-Home, se tivese os cartos xa traía eu a pana ao meu gusto.

-¿Ves, Abelardo? Aquí falouche el ben a ti.

Advertisements