AS PALABRAS NAS BOCAS FEMININAS

A boca feminina

A boca feminina

A boca feminina foi deseñada para se pintar,

sorrir e estar calada.

Dicía o pergameo: “Se falase

farao sempre en lingua distinguida

igual que ha camiñar con paso curto

e o busto ben ergueito.

Non deberán os labios femininos

envilecerse nunca coas palabras

de pastores, labregos, mariñeiros,

que dexoban a boca

igual que a bosta, o esterco e o salitre

e nunca serán aptas para labios

que luzan dentes brancos”.

A boca feminina foi para se pintar,

sorrir e estar calada.

Dicía o pergameo: “Se vivise

en terras de Galicia esa muller

podería expresarse en lingua allea

que alí medrou sen lixo nin suores,

idioma que adornou os talonarios,

que exhortou en sermóns baixo das cúpulas

e aforrará a outra,

a que nunca explicou aos deserdados

que os ángulos dun triángulo

suman sempre dous rectos”.

Por iso estas palabras estranxeiras

tiñan entre nós venia

porque eran as pronunciadas pensando que en ningures

se atopaban co lixo como as nosas.

Advertisements