O XUNQUE E A METÁFORA (na conmemoración do día do poeta no Brasil)

O teito de cristal

O teito de cristal

En xunque de cristal,

a Metáfora.

Achégase o poeta

sen protexer os ollos do fulgor

nin as mans da friaxe,

nin a razón da escuma,

nin tan sequera o corazón da agarda.

E traballa en silencio

e con vergoña

de non cumprir o soño de deus intruso

no seu taller de ourive pretencioso.

¡Ai, traballador sabio,

zahorí de verdades e xastre maxistral

das figurationibus obliquis de tan vello!

¡Ai, ave sospeitosa

de aniñar en mentirosos labirintos,

pega por aquel “Hortus deliciarum”

Inmundis spiritibus inspirati scribunt

artem magicam et poetriam id est fabulosa commenta!

¡Ai, poeta

que segues camiñando nos delirios da trascendencia

como un pequeno deus,

que cruzas cal cometa polo túnel do tempo,

que sangras polas chagas

dun gume de experiencias e ficcións

e que te sabes preso entre os adobes do teito humano

e o xunque de cristal!

Advertisements

4 opinións sobre “O XUNQUE E A METÁFORA (na conmemoración do día do poeta no Brasil)

  1. Muitíssimo obrigada, Profa. Helena, por haver dedicado palavras ternas e encorajadoras aos homens e mulheres ‘luzes’ da minha pátria.

    Sinto-me profundamente honrada com seu gesto e em nome das poetisas e poetas brasileiros, sinceras saudações.

    Gústame

  2. Moi distinguida amiga: É un pracer para min ter razóns afectivas tan fortes como a súa amizade para aproximarme aínda máis ao pobo e á cultura irmá. Celebreino como día propio e agradézolle moito a oportunidade que me deu de poder ter este coñecemento. Saúdos cariñosos.

    Gústame

  3. ¡Ai, poeta

    que segues camiñando nos delirios da trascendencia

    como un pequeno deus,

    que cruzas cal cometa polo túnel do tempo,

    que sangras polas chagas

    dun gume de experiencias e ficcións

    e que te sabes preso entre os adobes do teito humano

    e o xunque de cristal!

    Una verdadera maravilla Helena!!!! Qué disfrute!!!

    Gústame

  4. Querida Adriana, este é un poema polo que teño un cariño especial, feito para para ler nun congreso arredor do tema “Los poetas y Dios”. Non sabes canto celebro que che guste. Veño pensando moito arredor do poeta como deus menor e, se aquí quedou medianamente exposto, pódome dar por satisfeita. Aperta sororal e literaria.

    Gústame

Os comentarios están pechados.