PAXAROS MORTOS I

PAXARO MORTO SOBRE AZUL

PAXARO MORTO SOBRE AZUL

O día en que o seu canto se incorporou á terra

deixouno indestrutible.

A morte é aparencia.

Só os vestixios

esconden plumas e ósos

riba do espido azul.

Pero é na vida onde resoa o canto

do paxaro que foi

e será sempre.

Advertisements