PISADAS

Cando as miñas pisadas se perderon

atoparon a alfombra

dos mofos e calaron.

Daquela xa non houbo

nin paxaros serodios

nin aire entre os piñeiros

nin insectos errantes.

O silencio é pavor.

Nin as propias palabras se movían

nesa linguaxe interna que se expande

se fóra cala o mundo.

E volvo camiñar riba da folla

a sentir vida mentres piso morte.

PISADAS

PISADAS

.

Advertisements