A DÚBIDA

RIBEIRA DE SARTAXES

RIBEIRA DE SARTAXES

Hoxe escoitei o mar.

Non mo quixo dicir e sei que o sabe

pero o rumor do mar é silencioso

cando te sentas a indagar na beira

con ollos abisais de fondal peixe.

Non é a ambigüidade

un atributo propio das palabas,

que o mar di si e non en cada vaga

e os teus ollos navegan nas respostas

que a inmensidade azul de novo nega.

Advertisements