A PUBLICIDADE

Búscase lagarto emprendedor para fabricarmos as enaguas de Carolina.

NANORRELATO

NANORRELATO

 

Advertisements

6 opinións sobre “A PUBLICIDADE

  1. Prendado e prendido quedou o lagarto, que tan fermosa saia nunca vira, freou o tempo nunha reviravolta do baile, e as enaguas craras agocharon por sempre o sorprendente inquilino.

    Gústame

    • Vin esa saia-baixeira ou viso e saltoume o lagarto á cabeza. Ás veces crear é moi doado. Estes nanorrelatos son unha descuberta para min. Obríganme a facer un exercicio literario grande aínda que só utilice nove palabras. Graciñas por atopar o lagarto e favorecer ese negocio, que vai ser redondo.

      Gústame

  2. En Galicia temos unha canción popular -moi popular- que di: “A saia de Carolina- ten un lagarto pintado.- Cando Carolina baila- o lagardo dálle ao rabo”. É unha canción pícara e, á vista desa enagua almidonada, pareceume que era mellor aínda que o lagarto fose por baixo da saia. Posiblemente a unha persoa descoñecedora do canto popular lle sexa máis difícil captar o significado que pode dárselle. Unha aperta grande.

    Gústame

Os comentarios están pechados.