6 opinións sobre “A OCORRENCIA

  1. Pero este anuncio é marabilloso.
    Deixame cavilando en se o deixou aí aposta ou se escapou da cabeza. Se quería que o sol lle dera na cabeza.
    E penso, claro, que é un picariño, xa que leva o nome gravado. Ou un pobre vello desmemoriado 😦

    Gústame

  2. Contextualízocho, Kaia. A gorra, que é un anuncio dunha tenda de Rianxo -O César-, estaba nunha escombreira de onde a alzou o vento ata ese loureiro. Por iso crin que a deixara alí porque notara a faltar publicidade. Eu son clienta da tenda e por iso me fixo máis graza. Agora, xa é túa para faceres calquera interpretación, que será absolutamente válida. Porque xa se converteu en conxunto interpretable. Aperta.

    Gústame

Os comentarios están pechados.