SAL DE MENCÍA

CARNE DE XATO CON SAL DE MENCÍA

CARNE DE XATO CON SAL DE MENCÍA

Unha, que non é de carnes, estivo o outro día xantando no asador O Pazo (Padrón). E quedei gratamente sorprendida por un entrecosto de xato galego adubiado finalmente con sal de mencía. Non facía de menos os manxares anteriores, pero si que sorprendeu, xa en principio, a miña vista. Ao seu lado viña tamén boi cebado, preparado da mesma maneira, pero eu estimo máis a carne de res nova que, no seu punto, como estaba a que hoxe piropeo, non ten parangón no meu padal.

Sobre os cortes que amosaban a cor sonrosada e primaveral do interior dun entrecosto selado na prancha, as raspas de sal tintadas polo mencía eran un bo presaxio de que na boca se volvería todo unha ledicia.

E si que o é. Díceo unha que non é de carnes nin de viños. Quen se anime a disfrutar desta experiencia, que pase por O Pazo e faga a proba. Abofé que me ha de agradecer este consello.

 

Advertisements