A GALICIA QUE SOÑO

 A Galicia que soño non é unha utopía, só é un país que se rexenera da súa postración e busca un lugar digno entre os pobos do mundo.

Que lles fala ás nenas e aos nenos como facían os devanceiros e procura que ninguén teña complexo ao se expresar na lingua que nos define como pobo.

Que se quere e se valora, que estima o que lle é propio, que recupera a paisaxe, que avoga por un desenvolvemento sostenible, que terma dos fillos e é xeneroso cos que o procuren para vivir.

Que camiña sen se perder, que recupera aldeas e lugares, que non deixa morrer os oficios ancestrais, que procura humanizar as vilas e as cidades.

Quintá de Cancelada

Quintá de Cancelada

Un país de nenos e de vellos, de mulleres e homes integrados nunha sociedade cada vez máis xusta e madura para decidir libremente o que lle cómpre.

Advertisements

6 opinións sobre “A GALICIA QUE SOÑO

Os comentarios están pechados.