Á SEÑORA MANUELA DA LIMIA, A DONA DO SILENCIO

FOTO DE PRENSA DA SEÑORA MANUELA DA LIMIA

FOTO DE PRENSA DA SEÑORA MANUELA DA LIMIA

EVA DE TODOS NÓS

 

Mans de terra queimada,

¿quen vimos sendo,

Eva de todos nós,

desamparada Xea,

espírito sublime na cinsa esparexida

nos agros da memoria?

 

Vimos sendo o que es ti:

recordo e tempo dunha terra fértil

de liñaxe sumisa,

de mulleres “que sofren

innumerables coitas:

criaturas amantes para os seus i os estraños,

cheas de sentimento,

no campo, compartindo

mitade por mitade,

soias o máis do tempo,

tendo que traballar de sol a sol…”

 

A terra non ardeu, que cha queimaron,

e baixaches os ollos refuxiados nun ceo

escuro e sen resposta ao que clamaches

quizabes implorando a Deus axuda

ou albiscando signos ancestrais

que adiantasen choivas.

 

Pero ninguén te oíu e aí estás soa,

Eva de todos nós,

auxiliada nun pau que te sostén

mentres a leña ardida está chorosa,

os paxaros fuxidos,

o sol nublo

e a esperanza marchando do horizonte.

Abril de 2012

Advertisements