O TAXISTA

PASEO EN AMBERESPASEO EN AMBERES

Arreconchegada nun poncho porque ía frío, collín taxi en Lavacolla para Santiago. Púxenme a teclear mensaxes e mosqueeime co móbil en voz alta. O condutor, un home novo, díxome que a tecnoloxía era un desastre.

E falando da tecnoloxía e do moito que chovera, chegamos á rúa da miña casa. Antes de baixar volveuse cara min e dixo:

-Xa que collemos confianza voulle preguntar unha cousa.

-Vde. dirá –respondín obsequiosa-.

-A súa decisión de deixar a Fundación Rosalía de Castro, ¿foi porque….?

E puxo el soíño cada cousa no seu sitio como se fose adiviño. Do pasado, pero adiviño como Anne Germain. Sabía o de dous máis un cara adentro e dous cara fóra, como os puntos da calceta.

-Si, señor –díxenlle aleuta-. Alégrame que me recoñecese e que vise desde fóra como foi todo con semellante claridade.

-Os taxistas témoslle moita psicoloxía, Dª Helena. Encantado de falar con Vde. E durma coa conciencia ben tranquila, que pode facelo.

Nisto adiviñou tamén, que volvo durmir como un leirón.

Advertisements