ESTREAS

Estreaba zapatos de tacón, maquillaxe, vestido elegante, perfume caro…

Estreábase falando en público, mellor dito, lendo en público dous folios que escribira con esmero e aos que dera sete voltas de ensaio.

Estreábase como presentadora na entrega de premios e diplomas…

Estreábase en saír ao escenario coidando de pisar punta-tacón, indo dereita, colocando un  sorriso e deixando ir as mans de xeito natural…

Pero antes de empezar mirou ao público. E viuno posto alí na fila tres, como unha aparición marabillosa vida quen sabe de onde.

E, antes de ler palabra, descubriu que esa tarde estreaba tamén un corazón.

´NATUREZA AZUL CON CORAZÓN NO MEDIONATUREZA AZUL CON CORAZÓN NO MEDIO

 

Advertisements