BIOGRAFÍA BREVE

RETRATO  RETRATO

Batemos nun cruce de camiños e paroume para falar da súa vida.

-…Pois si. Funlle de todo. Labrega, criada de servir, costureira polas portas, mariscadora, vendedora ambulante. Mesmo andei enrolada nun barco. Menos puta, fun de todo.

Cando marchou, movéronse unhas xestas e a outra saíu a me dicir:

-Puta é o que máis foi.

Advertisements

2 opinións sobre “BIOGRAFÍA BREVE

Os comentarios están pechados.