O CONSELLO

POMO LUXOSOPOMO LUXOSO

Déralle o título de mestre e consultáballe todo.

-Débolle dez mil pesetas a D. Lisardo, mestre querido. ¿Pagareillas ou non?

-Se llas debe, si.

E volveulle preguntar pola noite a ver se cambiara de idea. E a mañá seguinte por se o consultara coa almofada. E outra vez pola noite, que sempre pode vir un trasacordo. E deloutro día cedo volvía estar petando á porta.

-¿Pagareillas ou non, mestre querido?

-Si, hom, si. Páguellas e nada máis.

-¿E el Vde. teraas, mestre?

-Non. Eu non.

E marchou moi irado:

-Ai con que me sae, mestre querido! Que llas tiña que pagar xa o sabía. O que eu buscaba é que mas dese…

Advertisements