A FÓRMULA

Un petou á porta e o outro saíulle abrir.

-Ola. ¿Que tal?

-Ben. ¿E tamén?

-Ben. ¿E por aló?

-Todos ben.

-Pois moi ben. ¿Que te trae logo por aquí?

-Viña a ver se nos podedes vir botar unha man, que andamos todos fodidos.

-Pois non che vai poder ser, que che están todos na cama cun trancazo do demo. Só me erguín eu para facer algo de xantar, que ata non hai nin fame. E teño que volver para a cama que parece que me leva a cabeza.

-Logo non hai que lle facer. Eu tamén vin pola necesidade que maldita a gana que tiña de me tirar da cama.

-Pois que siga logo todo ben.

-Ben e tamén.

Un marchou e o outro pechou a porta.

O ALFONÍN O ALFONÍN

Advertisements

5 opinións sobre “A FÓRMULA

Os comentarios están pechados.