Os primos chegaran do estranxeiro, onde foran pasar quince días para mellorar o inglés. Pero pararan algo na casa de Madrid para descansar e coller roupa axeitada para traer á aldea.
Aquí estábanos agardando outros dous cativos para formaren todos unha panda grande e xogar a moitas cousas. Eles sós aburríanse cando non tiñan escola.
Segundo baixaron do coche, xuntáronse os cinco e foron xogar á chousa o primeiro partido.
Ao pouco tempo, os primos volveron a casa e dixéronlles aos pais:
-¡Estos niños hablan inglés mejor y no los entendemos!
Detrás chegaron os irmáns moi amoucados:
-¡Vinde xogar connosco, ho! ¡Deuvos agora por por fuxir da chousa!
-¿Veis? –dixeron os foráneos a seus pais-. Lo hablan mejor.
E os nativos, esperando a riñela de súa nai, insistían unha e outra vez:
-¡Que nós non lles fixemos nada! ¡Abofé! ¡Que son meirandes!