NA LIBRERÍA

LIBRERÍA BRUXELESALIBRERÍA BRUXELESA

A tarde transcorría sen unha venda ata que, cara o final, entrou un cliente.

-¿Poderíasme cambiar un libro?

-¿Vendémosllo nós?

-Non. Merqueino en Bilbao, pero está en inglés. Se me podes dar un calquera en castellano mellor, que en galego tampoudo leo.

-Se non foi comprado aquí, non llo podo cambiar.

-Iso será se non queres.

Daquela o libreiro tentou un razoamento:

-¿Vostede iría a Zara cambiar un pantalón ou un xersei comprado nun mercadiño?

E o paisano respondeu:

-Non, ho, que é unha tenda das de verdade. ¿Como lles vai ir con esas?

Como non o conseguíu, saíu medio cabreado e tirou o libro inglés nunhas caixas de pataca marroquina que agardaban polo camión do lixo.

4 opinións sobre “NA LIBRERÍA

  1. pois á súa maneira demostrou interés pola lectura…
    é unha anécdota estraña. ó primeiro fai rir, pero despois, cando un queda pensando, non.

    Gústame

Os comentarios están pechados.