NA LIBRERÍA

LIBRERÍA BRUXELESALIBRERÍA BRUXELESA

A tarde transcorría sen unha venda ata que, cara o final, entrou un cliente.

-¿Poderíasme cambiar un libro?

-¿Vendémosllo nós?

-Non. Merqueino en Bilbao, pero está en inglés. Se me podes dar un calquera en castellano mellor, que en galego tampoudo leo.

-Se non foi comprado aquí, non llo podo cambiar.

-Iso será se non queres.

Daquela o libreiro tentou un razoamento:

-¿Vostede iría a Zara cambiar un pantalón ou un xersei comprado nun mercadiño?

E o paisano respondeu:

-Non, ho, que é unha tenda das de verdade. ¿Como lles vai ir con esas?

Como non o conseguíu, saíu medio cabreado e tirou o libro inglés nunhas caixas de pataca marroquina que agardaban polo camión do lixo.

Advertisements

FALANDO INGLÉS

Os primos chegaran do estranxeiro, onde foran pasar quince días para mellorar o inglés. Pero pararan algo na casa de Madrid para descansar  e coller roupa axeitada para traer á aldea.

Aquí estábanos agardando outros dous cativos para formaren todos unha panda grande e xogar a moitas cousas. Eles sós aburríanse cando non tiñan escola.

Segundo baixaron do coche, xuntáronse os cinco e foron xogar á chousa  o primeiro partido.

Ao pouco tempo, os primos volveron a casa e dixéronlles aos pais:

-¡Estos niños hablan inglés mejor y no los entendemos!

Detrás chegaron os irmáns moi amoucados:

-¡Vinde xogar connosco, ho! ¡Deuvos agora por por fuxir da chousa!

-¿Veis? –dixeron os foráneos a seus pais-. Lo hablan mejor.

E os nativos, esperando a riñela de súa nai, insistían unha e outra vez:

-¡Que nós non lles fixemos nada! ¡Abofé! ¡Que son meirandes!

XOGOS XOGOS