AMENCER

Chámame, sol. Espértame

se ven o vento cos seus dedos de home

acariñar a pel que dorme espida…

 

Onte polo solpor pasou o merlo

canso, rumbo a ningures

como un predicador da noite eterna.

 

Detente coa luz nova,

recén nada,

a luz que trae todas as promesas

a luz cordón umbilical da noite

na que atordados soños se esparexen…

 

Espértame mañá

se ven o vento cos seus dedos de home

acariñar a pel que dorme espida.

Advertisements