EMPANADA CON MASA RÁPIDA (SEN LÉVEDO)

Aquí vai a receita prometida. Deuma Xohana Torres. Así que ben merece ser considerada literaria.

 

É unha masa válida para calquera zaragallada, pero resulta especialmente indicada para peixe e para comela morna.

-Ingredientes para 6 persoas:

750g de fariña de trigo, 1 vasiño de aceite de oliva suave, 1 vasiño de viño branco, 1 vasiño de leite enteiro, ½ cullerada de sal, ½  cullerada de azúcar.

-Modo de facela

Vólcase a fariña na mesa, fáiselle un oco e engándese os outros ingredientes da masa. Trabállase ata que quede ben flexible e déixase repousar tapada cun pano mentres se prepara o recheo.

Pártese en dúas mitades e, mentres se prepara a empanada, encéndese o forno (180º-200º). Estírase unha parte para forrar o molde e, unha vez colocada, distribúese ben a zaragallada. Estírase a outra metade, cóbrese e sélase a empanada, adornándoa ao gusto. Pínchase en varios sitios cun forcado e déixase un burato no medio da tapa para que, durante a coción, non hinche.

Se a parte inferior do forno quentase menos, déixase 10 minutos con esta soa resistencia e vólvense poñer as dúas para que a cocción sexa perfecta.

Advertisements

5 opinións sobre “EMPANADA CON MASA RÁPIDA (SEN LÉVEDO)

Os comentarios están pechados.