PREMIO “LIEBSTER BLOG”

Este blog foi premiado por http://carlosduranblog.wordpress.com

Recibo a agradable nova de que este blogue foi distinguido cun premio Liebster Blog -galardón honorario que outorgan os blogruers ás pequenas bitácoras- polo amigo e seguidor Carlos Durán.

Carlos Durán é un dos primeiriños lectores deste blogue e, en xusta reciprocidade, eu son unha seguidora do seu desde os meus inicios xa que me interesa moito o seu seguimento da actualidade.

Cando aceptei o premio fíxeno baixo o compromiso de contactar con cinco blogguers pedíndolles o compromiso de cumpriren elas tamén as seguintes normas:

  1. Copiar e colar o premio no seu blog ligándoo ao blogger que as premiou
  2. Premiar elas a cinco blogs deixándolles un comentario nas súas entradas para notificarlles que gañaron.
  3. Confiar nelas para que sigan a cadea

Estes son os meus cinco premios:

http://marmaquinandonotempo.blogspot.com.es. Lévao diariamente a profesora Mar Corbelle e é unha interesantísima ferramenta de difusión cultural con aplicación inmediata no mundo do ensino como extraordinario material de apoio.

http://listasdetareas.wordpress.com de Anabel Bugarín, un espazo de creatividade literaria cheo de frescura con imaxes moi selectas e outros aportes.

 www.laciudaddelafuria.com no que Adriana Fernández Lagoa publica unha magnífica escrita na que se mesturan as dúas culturas da súa vida: a que adquiriu en Buenos Aires e que herdou, e agora retoma aquí, dos antergos.

http://soledadfelloza.com/la-caja. La Caja de los Hilos, de Soledad Felloza, artista multidisciplinar e engaioladora coa imaxe, a palabra escrita e a palabra oral. O blogue fai tamén un estupendo seguimento da actualidade cultural.

http://mariadario.wordpress.com/ da profesora Maria Lúcia Dário, que desenvolve o pensamento filosófico que imparte en São Paulo. Está moi relacionada coa Universidade de Santiago de Compostela onde cursou estudos de doutoramento.

Quero agradecer este xesto a Carlos Durán e animo a quen siga estas publicacións que visite os blogs aos que eu lles concedo tal distinción.

Advertisements