NA MERENDA DO SANTO

A romería

quitoulles as entrañas

a garrafóns e cestas

e ordenou que agardasen pola noite

estricados nas uces.

 

No algareiro convite cabo da ermida

rebuliron na tarde

como augas de regueiro veladas polos xuncos

as mazás femininas

e os gladiolos ocultos tremeceron tamén

ansiando navegar pozas toldadas

onde as cervas se bañan

pola amencida.

 

O aire da serra

inflamounos os beizos

e puxo na espadana da ermida deste santo

a chamada da terra buscando froito,

que había na merenda corpos floridos

e cantigas herdadas:

 

Mia madre velida, e non me guardedes

d’ir a San Servando, ca, se o fazedes,

morrerei d’amores.

De “Nas hedras da clepsidra”, 1999

EMPANADA CANCELADESAEMPANADA CANCELADESA

 

Advertisements