PERDERLLE O MEDO AO WOK

Estou empezando a lle perder o medo ao wok. Xa conquistei:

Temperatura. Lume pequeno a temperatura media.

Aceite. Xirasol, para non tapar o sabor das verduras.

Ingredientes principais. Frutos da horta variados con certa consistencia e que non chupen aceite: cenouras, fréxoles (xudías), coliflor, pementos, hervellos (chícharos), penca de acelga, alcachofa, cabaciño, cebola, branco de porro, tirabeques, apio…

Preparación dos ingredientes. Cortados en pedaciños iguais, para que tarden o mesmo tempo en se pasar.

-Orde de incorporación. Debe empezarse polas máis duras e ir incorporando as outras sempre nun oco que se fai no centro de maneira que as que iniciaron o proceso queden sobre a parede lateral.

-Procedemento. Mover con coidado e frecuencia, pero sen marear a perdiz, é dicir, non fai falta remover constantemente.

 -Punto de fritura. Pola cor: as verduras brillantes e coa cor natural modificada. Pola textura ao meneo: as verduras suaves e doadas de manexar. O tempo total, arredor de 10 minutos.

-Aliño. Xa no bol de servir, algo de sal e salsa de soia ao gusto.

Para completar o prato:

Ovos escalfados.

Fideos chinos.

Friame.

Salmón afumado…

CO WOK CASE A PUNTOCO WOK CASE A PUNTO

Adoita gustarlle a todo o mundo.

Se vos animades, xa contaredes.

Advertisements

6 opinións sobre “PERDERLLE O MEDO AO WOK

    • Querida amiga, o aceite de oliva -un luxo na cociña- saboriza moito. E estas verduras, tal como quedan, están máis ricas coa súa propia variedade de sabores. Así que lles cómpre un aceite insípido. Ao noso alcance, está o de xirasol. Outros aquí son máis difíciles de adquirir. Unha aperta.

      Gústame

  1. Na casa sempre fritimos con aceite de xirasol, pero eu para o wok emprego manteiga. Probarei co de xirasol, logo. Por certo, probaches a facer arroz no wok? Mmmm.

    Gústame

Os comentarios están pechados.