LEPIOTAS EMPANADAS CON ALI-OLI

 

Hoxe foi cea de gourmets ao modo do que máis me gustan as lepiotas.

Para este prato teñen que ser exemplares moi novos, recén abertos e moi compactos

Os ingredientes: lepiotas, ovo, fariña, pan rilado, aceite de oliva, sal e salalsa ali-oli.

Pártese a lepiota radialmente, pásase cada pedazo por fariña, ovo batido e pan rilado.

Frítese en aceite moi quente por ambos lados, colócase en papel absorbente para lle retirar o exceso de graxa e pónselle sal fino por encima a gusto.

Sérvese moi quente con ali-oli para mollar.

Como sempre, ¡bo proveito!

LEPIOTA EMPANADA LEPIOTA EMPANADA

Advertisements