Os macroboletus, cantharellus cibarius e cropinus comatus son moi axeitados para comer en tortilla.
Ingredientes:
Cogomelos, ovos, allo, perixel, aceite de oliva virxe, pementa branca (optativa) e sal.
Bótase o allo no aceite e, cando empeza a bailar, bótanse os cogomelos en pedaciños e o perixel picado. Sálase e bótase a pementa, se gusta. Frítese e, cando perde o líquido a fritura, engádense os ovos batidos e cállase a tortilla.
¡Bo proveito!