EFICACIA NA CANCELADA QUE ESPERA O “EUROPA NOSTRA”

CASTIÑEIRO SOBRE O DONSAL

CASTIÑEIRO SOBRE O DONSAL

O Sendeiro Quintá-Río Donsal, afectado pola enchenta das augas caídas nos últimos días, desbordouse levando os pontigos por diante e irrumpindo no batán da Cortella. Práceme felicitar aos membros da Asociación Castiñeiro e Nogueira –os seus promotores e coidadores- que, motu propio e sen axuda institucional, coordinados polo presidente, alumno e amigo Antonio Álvarez González, uns in situ e outros desprazándose desde A Coruña, se puxeron de contado a amañar os desperfectos do temporal volvendo, canda as augas, as cousas ao seu sitio.

O sendeiro volve estar listo para os amantes do paseo pola Natureza e a asociación segue ilusionada esperando o fallo do Premio á Sensibilización EUROPA NOSTRA para o que está nomeado este gran proxecto.

Advertisements