TEATRO DA RÚA I

EN ESCENA:

Igrexa barroca da escola de Casas Novoa.

Machóns graníticos dunha parra do aire adosada a unha casa.

Fonte con lavadoiro onde amolecen vimios…

Todo arredor dunha praciña pola que pasea a fotógrafa coa cámara na man, prendada de tanta fermosura. Ábrese a porta da casa e sae un home idoso.

ELA (dirixíndose a el, con cortesía).- ¡Bos días, señor!

EL.- ¿Por que retratas estas cousas vellas?

ELA (apoñéndolle, agarimosamente).- Non lles chame vellas, señor. Son preciosas.

EL (mostrando abertamente as malas pulgas).- ¿E tes permiso para andar retratanto todo isto vello que buscas?

ELA (sorprendida polo xiro da conversa).- Estou nunha praza pública, señor. Non estou entrando en ningún lugar privado…

EL (a cadora máis cabreado).- ¿Onde tes o permiso? ¿Eh? ¿Onde está o permiso?

ELA ( nun ton xa axeitado ás malas pulgas).- Teño permiso, señor. Claro que o teño.

EL (retirándose para dentro, medio amedrentado).- ¡Ela ten permiso para todo! ¡Ela ten permiso para todo!

CAE O SOL A CACHÓN RIBA DA TORRE

FONTE-LAVADOIRO DE RAÑÓ

FONTE-LAVADOIRO DE RAÑÓ

 

Advertisements