TEATRO DA RÚA I

EN ESCENA:

Igrexa barroca da escola de Casas Novoa.

Machóns graníticos dunha parra do aire adosada a unha casa.

Fonte con lavadoiro onde amolecen vimios…

Todo arredor dunha praciña pola que pasea a fotógrafa coa cámara na man, prendada de tanta fermosura. Ábrese a porta da casa e sae un home idoso.

ELA (dirixíndose a el, con cortesía).- ¡Bos días, señor!

EL.- ¿Por que retratas estas cousas vellas?

ELA (apoñéndolle, agarimosamente).- Non lles chame vellas, señor. Son preciosas.

EL (mostrando abertamente as malas pulgas).- ¿E tes permiso para andar retratanto todo isto vello que buscas?

ELA (sorprendida polo xiro da conversa).- Estou nunha praza pública, señor. Non estou entrando en ningún lugar privado…

EL (a cadora máis cabreado).- ¿Onde tes o permiso? ¿Eh? ¿Onde está o permiso?

ELA ( nun ton xa axeitado ás malas pulgas).- Teño permiso, señor. Claro que o teño.

EL (retirándose para dentro, medio amedrentado).- ¡Ela ten permiso para todo! ¡Ela ten permiso para todo!

CAE O SOL A CACHÓN RIBA DA TORRE

FONTE-LAVADOIRO DE RAÑÓ

FONTE-LAVADOIRO DE RAÑÓ

 

Advertisements

2 opinións sobre “TEATRO DA RÚA I

  1. Seica non sei que me dá que ao homiño aquel, pegáronselle as papas de millo blanco de cuña ao cú do pote. Entó o home colleu xenreira, ele que gostaba tanto das papas feitiñas ca leite da caara . Porque tiña unha cabra mona que é como se lle chamaba no Ribeiro as cabras sen cornos. Disimúlelle ela a xenrreira.

    Gústame

  2. O señor, como a maioría da paisanaxe, non apreza o que ten nin o pouco que gardamos. Querería un lavadoiro de cemento e un chalet suízo. Pero violentouse moito e fíxomo pasar mal. Disimulo todo, que non queda outra. E, o máis importante, trato de entendelo. Aperta.

    Gústame

Os comentarios están pechados.