CHEGOU O INVERNO. FÓRONSE XA TODOS.

 

SERÁN INVERNAL

SERÁN INVERNAL

¡Oh mi amigo, el invierno!

mil y mil veces bien venido seas

mi sombrío y adusto compañero.

                     Rosalía de Castro

Chegou o inverno. Fóronse xa todos.

Eu quédome mirando para a fiestra

apegándolle o frio á miña cara.

Desde o cristal voou a miña calma.

Sos o inverno e mais eu. E ademais tolos…

A loucura é pensar en que son vento

e que podo despir a terra toda.

A loucura é chover de aurora a aurora

para poñerlle un esquelete ó tempo.

De Rosalía no espello (1984)

Advertisements