PISA CON GARBO

SARA MONTIEL EN "EL ÚLTIMO CUPLÉ". Fonte Internet

SARA MONTIEL EN "EL ÚLTIMO CUPLÉ". Fonte Internet

Na miña segunda escola, parroquia de Quintá de Cancelada, tiven coñecemento da existencia de Trabado da Cortella, un herborista curandeiro ao que fun visitar unha tarde de xuño por curiosidade insá. Ensinoume os seus saquetos de materia prima e deume unha pequena charla sobre curacións esotéricas. Na miña inmadurez, non souben valorar os saberes daquel home extrafalario e non dei aguantado o tipo sen que me notase que, dalgún xeito, me estaba rindo del.

Daquela cabreouse, empezou a pechar os saquetos, mirou para min enfite e quixo chamarme orgullosa. Para iso desentoou todo canto se pode un pedazo do cuplé “El relicario”, que os transistores sementaran polas aldeas a raíz do éxito de “El último cuplé”, protagonizada por Sara Montiel, e que el aprendera errado, quizabes porque non lle atopara significado ao do “garbo”.

-Pisa morena,

pisa con carbón…

Daquela xa non puiden aguantar a risa e botei fóra correndo.

Hoxe, de paso que lle fago unha pequena homenaxe á artista por me ter ensinado unha das miñas cancións de polas mañás, case un rito, quero facer unha confesión pública de orgullo, darlle a razón a Trabado da Cortella con tantos anos de distancia e lamentar toda esa cantidade de aprendizaxes que non souben recibir del.

Que a terra lles sexa leve a ambos, xa no outro mundo.

Advertisements

4 opinións sobre “PISA CON GARBO

  1. E curioso como vainse entrelazando os recordos, e moitas veces, as mais, con unha canción que nos vai lembrando dos momentos. Sempre recordo a palabra “porfía”, que me leva a esa “infancia”, na que pensar non era o “loxico”. Maribel

    Gústame

    • A música e os olores vannos recosendo co pasado, Maribel. Eu ríome moito cando descubro esas palabras que non entendía e cambiaba por outras. Un bico grande.

      Gústame

  2. A sabedoría dos naturalistas sempre foi, moi perseguida polo relixión oficial, a a mediciña oficial. Pero eu teños por uns observadores da natureza, que ao fin e ao cabo é a gran nai que nos insina a todos. O esotérico pode ser a primeira terapia dos meciñeiros non ambito da psicoloxía.

    Gústame

  3. Estou completamente convencido de que era un sabio a pesar das súas excentricidades. Pero iso aos 23 anos era moi difícil de ver, aínda que eu nunca erguín os pés da terra. Non se pode ser madura de todo a unha idade. Hoxe teño pesar por perder aquela ocasión de aprender cousas. Aperta.

    Gústame

Os comentarios están pechados.