HOMENAXE A ZECA AFONSO

 

Cando a música aniña

nun poeta

e el se volve

profeta

da emoción solidaria,

a humanidade aprende

a xogar coa inocencia

da súa voz espida

dirixida

a iluminar o mundo.

E de súpeto o xogo

inflámase de cores

e todas as bandeiras

son como papaventos

voando na irmandade de dolores

presaxio de contentos.

Na humidade  do oprobio

a calidez do sol no canto soa.

Arco da vella da fraternidade:

mudo o fusil co caravel na boca.

 

Compostela, abril de 2012

Advertisements

2 opinións sobre “HOMENAXE A ZECA AFONSO

  1. Comovente, a sua admiração por Zeca Afonso. Obrigada pelo vídeo, pelos cravos e pela magnífica poesia.

    Gústame

    • Prezada Profa. Maria Lúcia, para nós Zeca Afonso é un dos nosos. Non creo que espertase tanta simpatía en ningún país despois de seu como en Galicia. Frecuentaba moito esta terra e tivo relacións con moita xente. Canto ao poema, fíxeno con moita admiración e cariño e non saíu do peor. Unha aperta moi grande desde a súa Galicia.

      Gústame

Os comentarios están pechados.