DÚAS VISIÓNS DA MORTE EN ROSALÍA -128 CABODANO DO SEU PASAMENTO-

 


 

 En Follas novas (1880) Rosalía escribe dous poemas sobre a morte. Aínda que o “eu lírico” non ter por que coincidir coa voz da poeta, tendo ela unha enfermidadade xa avanzada é de supoñer que se refire á súa propia.

Son dúas versión ben diferentes e mostran que en Rosalía hai varias poetas e unha domina con mestría o sarcasmo de paso que fai unha crítica ao clero.


1

 Hoxe ou mañán, ¿quen pode dicir cando?,

pero quisais moi logo

viranme a despertar, i en vez dun vivo,

         atoparán un morto.

 

    Ó rededor de min levantaranse

         xemidos dolorosos,

aies de angustia, choros dos meus fillos,

         dos meus filliños orfos.

 

    I eu sin calor, sin movemento, fría,

         muda, insensibre a todo,

así estarei cal me deixare a morte

         ó helarme co seu sopro.

 

    E para sempre ¡adiós canto eu quería!        

         ¡Que terrible abandono!

         Antre cantos sarcasmos

         hai, ha de haber e houbo,

non vin ningún que abata máis ós vivos

que o da humilde quietú dun corpo morto.

 

 2

 DE BALDE…

 

    Cando me poñan o hábito,

   si é que o levo;

cando me metan na caixa,

si  é que a teño,

cando o responso me canten,

se hai con que pagarlle ós cregos,

e cando dentro da cova…

¡Que inda me leve San Pedro

se sóó pensalo non río

con unha risa dos deños!

¡Que enterrar, han de enterrarme

anque non lles den diñeiro…!