CABO DO PETO DE ÁNIMAS


Déronlle á lingua máis dunha hora. Touxeron á conversa a tododeus, facéndolle recortes de tesouras por todas partes. Aínda recoñecendo que os personaxes lacerados o merecían de sobra, quizabes fosen maltratados demais naquel corro metafórico.
Cando non atoparon a quen máis traer ao conto, dixo a primeira:
-Voume, que se me fai algo tarde.
E a segunda contestou:
-Pois seguiremos logo mañá. Como non nos metemos con ninguén…

Advertisements