“BLUES NEGRA SOMBRA, PARA CUARTETO”

EN MEMORIA DO PRESTIGE E DA SENTENCIA SOBRE O CASO


POETAS INVITADOS

 

Rosalía de Castro

Álvaro Cunqueiro

Faustino Rey Romero

 

Chega a traxedia onda a galaica xente

sen saber de onde vén nin quen a manda

e a xente anda coas vagas e coa chuvia

proxectando na sombra a negra sombra

da derradeira terra de occidente.

          Debruzados e negros, din Galicia

hoxe os merlos, cantores enloitados

-húmida gaita asolagada en terra-,

coa súa triste voz riba da sombra

dese algo que hai na auga e non é auga,

das vagas obsesivas

que negan peixes no seu lombo negro.

 Chega a traxedia onda a galaica xente

sen saber de onde vén nin quen a manda

querendo sinalarnos

como poldros co ferro para sempre.

13 de novembro de 2013

Advertisements