NA ERA REPTILIANA

 

Hai humanos que deron tres saltos cara atrás na evolución

e pasaron de hienas a corvos de calaza,

de aí, a dinosaurios.

Volven estar na era reptiliana. Sonos

dos máis devastadores e temibles

capaces de viviren canda nós

en esfera opresora

invisible só a aqueles inocentes

a quen ás veces guían á corte das ovellas

para despois muxilas e rapalas.

Comen en porcelana de Limoges

e cubertos de prata

con toda urbanidade e cortesía,

mais o seu atavismo

empuxa as súas queixadas para estalicar ósos

anque só coman polpas que producen

colesterol do caro.

Despois, ás agachadas dos inxenuos,

gregarios,

caníbales,

bulímicos,

engulen o papel amoedado

cal vaca que se asoma á cambeleira.

Cando volven saír á sociedade

esquían, van a vela,

cazan cervos como homes primitivos

e volven agocharse á mansión exclusiva

ben rodeada de seguridade.

E voltos ao atavismo,

adoitan remoer o que comeron

con números bancarios, gastrolitos de luxo para eles

que son o fruto da suor allea,

a dor dos pobres e a desesperanza.

Advertisements

5 opinións sobre “NA ERA REPTILIANA

  1. Coma sempre, querida Mestra, estás moi atinada “tirando do fio”…
    Mághoa que, os e as apoucadinh@s desta tribu, non sexamos quen de ver que, estes noxentos reptís, aparte chuchárno-lo sangue, lévannos direitinhos ó pprecipicio…..
    Parabéns minha amigha, por estardes ahí ti mais uns cantos, co facho da espranza acceso para todos nós…..
    Ainda que penses que todo este esforzo, non vai a ninghures……¡¡¡Non decaias Mestra!!!
    Somos moitas e moitos, os que estamos encantad@s de que nos guiedes por este ronsel cheo de pedras e atrancos…..Bicos

    Gústame

    • Moitas grazas, amigo Aquilino. Sodes os lectores e lectoras quen tira por nós e nos dades azos para lle ir dando forma poética a tanta fealdade. Unha aperta.

      Gústame

  2. E para a dixestión desta antropofaxia social Wagner co anel do Nibelungo ata o Ocaso dos Deuses. E nós que o vexaamos!

    Gústame

Os comentarios están pechados.