ANGROIS

 

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

Todo debera ser distinto.

A Grandeira non tiña que estar na vía.
A traxedia debera andar en folga.
A morte debería rexeitar tal convite.
O reloxo non podería marcar aquela hora.
O tren debía chegar cando partiu.

Todo debera ser distinto.

Pero non foi así,
¡e como nos desgarra, sangra e doe!

Aínda que o noso corpo non fose magoado
nin nos tocase o gume da perda irreparable.

Así nos doe
e doerá por sempre,
Angrois.

Advertisements