6. ALFAIA

IMG_5351a
A auga estaba chea de subir e baixar, de nacer e morrer, de estar quieta e de andar, de estar soa e habitada, de pintar de azul e dar transparencia, de expresar risa e dor, de ser imprescindible e malgastada, de ser sagrada e libre… De limpar, de cocer, de estar sápida e insípida, de apagar lume, de ser forza bruta. E, sobre todo, de buscar todas as formas da beleza. Dixo unha tarde que levaba toda a vida no sarillo da vida desde moito antes da vida e que quería ser outra cousa. E nesa tarde, co canto do paxaro, converteuse en alfaia.

Advertisements

4 opinións sobre “6. ALFAIA

    • Prezado José: Entra tanto lixo nesta páxina que, ao non me avisar do que chega válido, quédanme cousas aquí ata que, de casualidade, topo con eleas. Graciñas moi atrasadas pola lectura. Unha aperta.

      Gústame

    • Prezada Profa. Maria Lúcia: Entra tanto lixo nesta páxina que, ao non me avisar do que chega válido, quédanme cousas aquí ata que, de casualidade, topo con eleas. Graciñas moi atrasadas pola lectura e polo seu aprezo ao meu traballo. Unha aperta grande.

      Gústame

Os comentarios están pechados.