A MIÑA HOMENAXE POÉTICA A TERESA DE JESÚS NO QUINTO CENTENARIO DO SEU NACEMENTO

SANYO DIGITAL CAMERA

Teresa de Cepeda y Ahumada, máis coñecida como santa Teresa de Jesús ou simplemente Teresa de Ávila, naceu en Ávila o 28 de marzo de 1515. Estamos, pois, no quinto centenario do seu nacemento. Na miña xuventude cheguei a pensar en entrar no Carmelo e a miña simpatía pola escritora pervive.

Na “Antología homenaje a Teresa de Jesús”, Taller Prometeo de poesía, Madrid, 1982, publiquei este poema, aquí  traducido ao galego pois non teño fóra do libro -que está noutra das nosas bibliotecas- a versión orixinal.

 

ESTÁS AÍ, TERESA
Estás aí, Teresa, templo leve,
bolboreta de soño irrepetible,
libre cimo de lume en cada gota
da nosa carne silenciosa e breve.

Estás aí, fiando verbos rústicos,
nun doce parolar sen tempo ou regra
nese mencer aínda inacabado
do teu leve pasar riba da amea
do castelo pechado.

Estás aí, furacanada sombra,
ourive transparente de misterios
e rosario infinito de candores.

Estás aí, amamantando rosas.
Estas aí, desorbitando amores.

 

Advertisements