TORTILLA DE CANTARELOS

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

Temos un outono espléndido en cantharellus cibarius, un dos cogomelos máis delicado e con máis versatilidade na cociña. A súa color amarela, o seu himenio en engurras e o seu olor a chourizo, fano inconfundible, polo que paga a pena especializarse para recollelo e levalo á mesa. Tamén ten a ventaxa de ser o menos estacional, co que o podemos atopar abondoso en calquera momento. Non é pouca a sorte de que medre igual baixo árbores de folla grande e caduca -castiñeiro e carballo- como nos piñeirais. E postos a citar todas as marabillas deste fungo, non é parasitado, ten longa conservación en fresco e pode conservarse deshidratado.

Hoxe traio aquí unha tortilla para que utilicei, ademais deles e dos ovos, algo de sal, allo e perixel picadiños -venden o conxunto deshidratado e moído, que é o que empreguei-, pementa, noz moscada, sal e aceite de oliva virxe. Pasei primeiro os cantarelos e sazonadores por unha tixela, mesturándoos despois cos ovos batidos nun prato e usando finalmente outra tixela antiadherente e limpa para callala.

Se queredes probar, está moi, moi rica.

 

Advertisements