CANTAROLA PARA XOSÉ NEIRA VILAS (HOMENAXE A BALBINO)

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

No chan do cuarto
boneca nova,
pero a nena está cansa
e xa non xoga.

Libros abertos
riba da colcha
e a nena chosca os ollos
e agora soña
coa boneca no colo
da noite longa.

E das follas dos libros
saen historias
cara cumes da neve,
mares, lagoas,
soutos, lobos e lúas
e tantas cousas…

E un zunzuncito
de lonxe conta
que ha subir a unha ceiba
grande e redonda
e a un framboyán florido
de flor fermosa.

A noite co seu lapis
de pica moura
vai escribindo nomes
no que ela soña.

O espantallo, a Marela,
Moncho e o Lelo,
o cabalo de buxo,
Suso o Carteiro,
Balbino e Manolito
e don Silverio
que, sentado nun banco,
tira do peto
chocolatiños de ouro,
soño amarelo.

Con claras referencias a Cuba, foi publicado nun libro sobre Balbino polo amigo, que tamén marchou, Ismael González Díaz.

Advertisements