AVANZAN POLA LAMA

CdfULYcW4AEURf-

Avanzan pola lama tirando por carriños con criaturas, e cadeiras de rodas con enfermos e anciáns. Levan algo de equipaxe en bolsas e mochilas, pero vese mundanza que deixa todo atrás. Avanzan coa cabeza gacha, mal calzados e enguruñados polo frío, porque a roupa non é axeitada para a temperatura nin para tanta chuvia. Avanzan cara ningures, porque cada vez está máis lonxe calquera destino e porque os volven atrás. Ás veces, a lama queda rota polo curso dun río atravesado que hai que cruzar cos máis febles ás costas. Van pasando os horrores por etapas e nelas a esperanza do final do seu éxodo vai desaparecendo. Algúns quedaron xa polo camiño. Un lustro de guerra asola Siria provocando a maior crise humanitaria dos últimos anos, pois esta xente escapa da destrución enriba das cabezas.

O primeiro desprazamento foi polo propio país. Así chegaron á primeira fronteira onde despediron a habitabilidade e a profesión. Os países veciños satúranse e viran cara Europa, a civilizada Europa dos Dereitos Humanos e a Democracia gubernamental. Enfróntanse co mar para alcanzala. Traen moitas criaturas, porque alí abondaban as criaturas que escasean en Europa. A metade dos afectados por esta guerra e este éxodo son nenas e nenos que perderon a escola, e moitos a saúde ou a vida cruzando ese mar. Non sabemos que foi dos milleiros de criaturas traficadas polas mafias nesta fuxida.

CdltlCeW8AE2pAR.jpg largeOs que quedan avanzan pola lama escapando daquel exército, pero topan con membros de outro, emboscados, que lles prohíben o paso porque se lles pecharon as fronteiras. As imaxes do éxodo da lama, do frío, da fame e da vergoña dos campos de “non refuxiados” móstranas pola rede reporteiros ousados que van cubrindo información incómoda de vivir, de elaborar e mesmo de percibir sen nos crear sarpullido de conciencia. Tamén pasan por dificultades e ven entorpecido o seu labor cando os deteñen por faceren visible a deshonrosa marcha que o ano pasado ocasionou 3.700 mortes tratando de chegar a Europa.

IDOMENI, GREECE - MARCH 15:  A man wears a sleeping bag for warmth as he walks through the Idomeni refugee camp on the Greek Macedonia border on March 15, 2016 in Idomeni, Greece. Yesterday, an attempt by some of the residents of the camp to cross the border to Macedonia was thwarted by Macedonian security forces who returned the migrants to Greece. The decision by Macedonia to close its border to migrants last week has left thousands of people stranded at the Greek transit camp. The closure, following the lead taken by neighbouring countries, has effectively sealed the so-called western Balkan route, the main migration route which has been used by hundreds of thousands of migrants to reach countries in western Europe, such as Germany. Humanitarian workers have described the conditions at the camp as desperate, which has been made much worse by recent spells of heavy rain.  (Photo by Matt Cardy/Getty Images)

IDOMENI, GREECE – MARCH 15

É o momento dos grandes paradoxos. Cada vez o mundo rico é máis rico e soberbio, e o mundo pobre ou desvalido é máis feble. Cada vez é máis libre e protexida a circulación des mercancías e capital, e máis difícil e desprotexida a circulación da xente. Cada vez son máis as persoas que precisan refuxio e cada vez son máis rechazadas por quen debía acollelas e non argallar vergoñentos acordos cos que lavar as mans, como pretenden os xefes de Estado dos 28 países da UE con Turquía. Pero o máximo paradoxo nesta situación de tránsito, miseria material e moral, e morte fronte as fronteiras nas que Europa ergue os arames de espiñas que dificultan a supervivencia é esa misión ExoMars da Axencia Espacial Europea con destino á superficie de Marte. O trasladado módulo Schiaparelli apousará a finais deste ano no astro veciño para axudar a resolver a pregunta máis acuciante hoxe: se houbo algunha vez vida no planeta vermello. Mentres, a vida humana desprézase en Europa.

Publicado en El Correo Gallego (18-03-16)

Advertisements