QUE CHE RE-APROVEITE

SANYO DIGITAL CAMERA

A Semana Europea da Prevención de Residuos EWWR (European Week for Waste Reduction), que tivo lugar do 19 ao 27 de novembro, é un proxecto financiado polo programa LIFE+ da Comisión Europea que se celebra anualmente desde o ano 2009. Pretende dar a coñocer, promover e implantar durante eses días unha especial sensibilización sobre recursos sostibles e a xestión de residuos múltiples, dando a coñecer diferentes estratexias da súa reducción en Europa, fomentando a sostenibilidade, facendo públicas as actuacións realizadas polos diversos actores cooperantes e a revisión dos comportamentos cotiáns para unha mellor xestión do refugallo. Reducir a produción de residuos é un obxectivo prioritario para o coidado da terra, que redundará en beneficio da humanidade como habitante consciente do planeta e tamén o será da sociedade pola recondución do despilfarro que se instalou nos países de maior desenvolvemento. En Europa, cada habitante produce 157 Kg. de residuos por ano, dos que unha boa parte poden ser evitados. A celebración desta semana pretende aumentar a conciencia individual e social con diversas actividades conducentes a reducir os envases procedentes tanto do ámbito doméstico como do empresarial. Aprovéitase tamén  a EWWR  para actualizar as iniciativas de reciclaxe existentes e para emprender novas accións dándolles maior visibilidade.

Os actores que desenvolven accións para sensibilizar sobre prevención e xestión de lixo son ben diversos: administracións, empresas, ONGs, centros educativos e asociacións cidadás, ente outros. Todas as súas accións están enmarcadas na fórmula “3Rs”: Redución de refugallo, Reutilización de produtos e Reciclaxe de materiais. Hogano centráronse en desenvolver tres grandes bloques: consellos e boas prácticas sobre como reducir a produción de refugallo en orixe; accións que resaltan que moitos produtos poden ter máis longa vida ou unha segunda oportunidade, promovendo a reparación e o seu destino a un novo uso; e accións dirixidas a mellorar o xeito de clasificar os residuos cooperando a diminuír o uso de recursos materiais e enerxéticos, e a reducir a contaminación e a degración da riqueza natural. Pero máis aló da temática de cada ano, promóvese sempre o desenvolvemento da calquera outra intervención relacionada coa prevención de residuos, o aproveitamento de desperdizos alimentarios, a reutilización de téxtiles, a conservación e uso dos libros, o alongamento da vida de aparellos eléctricos e calquera outra iniciativa que reduza a produción de lixo e promova o aforro. Os Concellos de Lugo e Santiago promoveron, cun bo número de restauradores, a campaña “Que che re-aproveite”, dando consellos para frear sobras nos pratos dos restaurantes e retomar a cociña de aproveitamento da comida nos fogares. Os restaurantes informaron aos consumidores da posibilidade de levar os restos en friameiras que proporcionaban para reaproveitalos na casa, costume xa habitual noutros países.

20161202_214134

Advertisements