ALTERIDADE

alteridade

No Día Internacional das Persoas con Discapacidade

Ti mírasme e eu mírote.
Ti tócasme e eu tócoche.
Sabémonos persoas
que queren, que padecen e que gozan.

Ninguén nos vai dicir que o noso abrazo
non é abrazo,
nin que o noso cariño
non é cariño.

Non temos alas para ser paxaros
nin aletas de peixe que nos movan,
pero temos latexos que non teñen as rosas
e agarimos que non teñen as folerpas.

Sentimos e queremos. E se fosemos pingas
iriamos na canle tan fundidas
que ninguén pensaría que non eramos auga.

Os nosos corpos
saben ter por igual calor e frío.
As nosas risas
han prender novas risas noutras bocas.

Ti míraste e eu mírote.
Ti tócasme e eu tócoche.
Imos fundir calor de humanidade.

3 de decembro de 2016

Advertisements