HERDANZA DE MULLERES

Visita das Máquinas plantara onda a casa dúas lileiras. Eu pasaba por diante para lle levar á avoa da Venta un cestiño de provisións, Carapuchiña medosa porque lle temía a unha muller muda que berraba nos agros de Cruzul ao me ver, a un home tolo que andaba de batifoula e, sobre todo, aos presos que cantanban nas celas do cárcere e aos mortos de accidente na Porteliña que traían a un improvisado depósito no cárcere, que limitaba coa horta da miña casa. Pasaba por diante das lileiras todo o ano, mais só recordo as viaxes de abril, cando os arbustos se revestían de color e de perfume.

Outras mulleres plantaran tamén para min antes de eu chegar ao mundo. Dona Concha de Soto, unha glicinia e unha roseria de Baker a ensarillárense xuntas por riba dunha magnolia. Metidas no sombrío misterio do seu xardín dona Carmiña de Valcárcel puxera camelias primaverais, marabillosas inda sen uliren. E dona Vicenta de Prieto enchera o seu xardín de roserias antigas, cuxo aroma chegaba ás miñas ventás.

Ningunha soubo cando facía as plantacións que estaba situando sobre a terra os catro puntos cardinais da miña sensibilidade.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s