#fotopoemas
#haikus
Alzouse a herba
para retar o océnao
desde a beiriña.
#fotopoemas
#haikus
Alzouse a herba
para retar o océnao
desde a beiriña.
#fotopoemas
#haikus
A umbela seca
agarda polo brinde
do luar novo.
Co nariz no cristal contra a memoria
quero vir a decembro.
¡Benditos mofos de cavorcos verdes
arrancados ó tempo
no ribado dos soños!
Decembro, mundo lene. A pel da infancia,
un arco de violín,
recende a mandarinas
e un só de escumillón e voces brancas,
en guirlanda con Haëndel
cólgase das ventás.
Encheu todos os ocos que quedaban no aire
e tróuxome o belén
coa súa ponte de garabulliños,
o portal de cartón, o rei de lata,
os pastores de barro resecado
e a creación doutro anxo,
tosco amasillo que ela fixo de alba
e rafa de pantrigo.
Cabalgan as montañas na raiola da lúa que licúa os cristais,
mana o río roubado á pel do chocolate en auga misteriosa
que escribe filigranas xeográficas
de nacións imposibles.
Vidos de lonxe a paso imperceptible
na textura da area simulada,
os camelos remoen
silencios de trompeta.
Un ¿onde estás? resoa como un órgano
de voz materna que renace en ecos,
esvara polas cousas,
apousa en todo e enche a casa dela.
E unha man invisible
que peneira fariña neste lírico soño,
cobre de neve o trazo das montañas
por onde escapa o frío
do cristal que se pon contra a memoria
e mitiga a tristeza
de perdela en decembro.
“Nas hedras da clepsidra” (1999)
#fotopoemas
#poesiaminima
#haikus
Danza co vento
a morte celebrante
da vida en flor.
#fotopoemas
Os amores son formas misteriosas
de flores que se encarnan no interior.
#fotopoemas
Quen lle ensinou ao mofo
a tapizar feridas?
#fotopoemas
Na procura de idilios
sorteo os cables de electricidade
que substitúen a pastor e can.
#fotopoemas
#poesiaminima
#haikus
Chora a mañá.
Un antes e un despois.
Sorrí a tarde.
#fotopoemas
Unha compañía de anfibios chantados
loita contra as forzas que a terra ameazan.
#fotopoemas
Pisas a folla do carballo e escoitas
as mil sonatas que aprendeu do vento.