LOUVANZA DO RUSTRIDO

As mulleres rurais valíanse do rustrido para arranxar moitos pratos, pois era o remedio universal de gobernar a cociña diaria. Tanto amañaba un guiso novo como remontaban sobrantes de comida anterior. Meu pai contaba que  na casa dun seu avó viñan remontando a caldo a base de rustridos anos enteiros. Quitándolle fantasía a este asunto do caldo eterno, abofé que sazonaba aquilo ao que lle había que engadir auga e algo novo. E, como ás veces volvía sobrar, aquilo non tiña fin.

Falamos dunha época na que a economía non permitía tirar nada, mesmo tendo animais, poir para eles había pasto e comida propia e sería un desperdizo mantelos con humanas viandas. Cans, gatos, galiñas e gando miúdo ían buscando a vidiña en por si, pois andaban ceibos. A ceba dos cochos facíase con vianda, fariña e froitos das árbores de noso. E para o vacún e  equino tamén había solucións na terra: herba e toxo.

En tocando á xente, no prato non podía aparecer algo incomestible e que non mantivese minimamente para poder traballar. Así que, se non había bastante carne que lle botar ao caldo clásico, remataba cun rustrido. Mais tamén se facía “caldo pego” de pan con patacas ou “cachelos amañados”, que acababan co prebe colorado da tixela. E as sopas de pan, entre as que campaban as de unto que constituía parte dese rustrido. O unto usábase con frecuencia canda outras graxas: manteiga de cocho ou o aceite que se podía adquirir, usado principalmente nas ensaladas de verán.

Chegados ao despilfarro planetario pola parte máis enpoderada, fannos unha chamada de atención: os alimentos sobrantes son nocivos para a Terra, non só para os petos da xente que debera ser mirada co que tira.

Pola miña parte hai moito tempo que poño empeño en sacarlle rendemento gastronómico das sobras e do rustrido. Con pan difícil de cortar en lispas e auga de calquera clase de col saco sopas de allo co rustrido posto no medio da cocedura. Coas augas de peixe branco e algunha sobra, nomeadamente a cabeza, así como a dos mexillóns ao vapor e salsas sobrantes destes produtos amaño unha sopa de pasta condimentada cun rustrido.

Iso si, o meu rustrido vai sempre cargadiño de allo e con pemento agridoce e afumado da denominación De La Vega. Todo un luxo para nós e un alivio para a Terra.

2 opinións sobre “LOUVANZA DO RUSTRIDO

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s