EPITAFIO PARA HERMINIA

#DiaMundialCancro

No xardín do meu corpo
agromaron tan cedo os crisantemos
que murcharon as rosas.

O adeus é demasiado temperán
se non coñece esa estación de outono
que comparten o espírito e as follas.

Os que estades aí
asomádevos ao balcón dese tempo que queda sen correr
para falar comigo,
para ver no luar o brillo dos meus ollos,
para rozarme a pel na lira que tanxedes.

“De rosa antiga” (Inédito)