PILAR VÁZQUEZ CUESTA IN MEMORIAM

Tomada nunha cea arredor da revista “Festa da palabra silenciada”.

Coñecín a Pilar Vázquez Cuesta en circunstancias ben alleas ás que despois nos ían unir en Galicia. Foi en Madrid, na casa dunha avogada matrimonialista que levaba a súa separación. Souben despois que tiñamos unha persoa moi querida en común, alumno dela e amigo meu, Francisco Javier Cruz Rosón, que morreu case estreada a vintena. Frecuentámonos bastante cando chegou á súa cátedra da universidade de Santiago, en diversos actos, conmemoracións e en xuntanzas feministas, e coincidimos nun congreso en Tréveris (1993) no que a acompañaba a súa filla Pomba, que tamén morreu moi nova. “Da desesperación pola morte de Pomba salváronme os libros”, díxome un día conversando nunha recepción do Concello de Santiago. Tamén me coubo a sorte de acompañala na cerimonia do investimento de Doutora Honoris Causa pola Universidade de Lisboa (2002).

Acabo de saber que morreu onte, nonaxenaria, nese  prolongado silencio que vai traendo á memoria propia a cortina que o tapa todo e nos fai perdérmonos dentro de nós.

Sit tibi terra levis, profesora intelixente e xenerosa que sementaches a luz e as relacións coa lusofonía desde a Cátedra da USC, desde os teus traballos de investigación e desde o teu amable trato directo.

Para coñecer o seu labor pódese consultar este enlace https://gl.wikipedia.org/wiki/Pilar_V%C3%A1zquez_Cuesta

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s