A CÉSAR VALLEJO

ENCUENTRO

Ya no más he de ser lo que siempre he de ser,
pero dadme
una piedra en que sentarme,
pero dadme,
por favor, un pedazo de pan en que sentarme,

César Vallejo

I

Coas avoas indíxenas e cos avós galegos,
Los Andes que che dan o neno triste, o editor que castiga a súa tristeza.
O mundo segue cos seus Pacos Yunque, Humbertos Grieve e Pacos Fariña
que procuran xustiza onde os seus pés os levan e contan os poetas.

Non se contaxia o xugo, e a tristeza
que o poeta almacena queda invicta.
Encargaranse as pedras de madurar a espiga.
Quen transforma palabras ben merece o seu pan.

II

Atopámos En Moscú, en Budapest e en París.
Ías como paxaro sen niño, viaxeiro sen maleta, anxo sen aura,
e tocabas ao teu paso polas noites
curiosas flores con plumas de corvo
que a min me fascinaban.

Eu aínda non ía, pero iría,
como xa tiña rexistrado o tempo
con palabras que esnaquiza o raio nos seus anoxos cósmicos
e quedan sen dicir pero sabemos.

Eu aínda tería que nacer,
elixir trece pedras para un cadro,
e oír que aos que son pobres
lles apetece máis amargo o pan
e que a fame fecunda os versos do poeta.

As nenas que nos viron sentadiños nun banco
nunha mañá de sol en día estraño
marcharon tras deixaren na nosa primavera –pasada e inda non vida-
as risas de colores
a inocencia
e a gana de berrar.

En REVISTA DE POESÍA ZURZAI. “Poesía sin IVA (con César Vallejo al Fondo)”, Junio/2015
(Versión bilingüe)